ACTA DA CONSTITUCIÓN DA SOCIEDADE ATLÉTICA DO TREGA

En A Guarda, sendo as 19 horas do día 1 de outubro do ano 1987, reunidos no local sito na R/Manoel Lomba nº 11 A Guarda, Pontevedra, co obxeto de constituir a Sociedade Atlética do trega, entidade deportiva, sen ánemo de lucro, que pretenderá a promoción e práctica do atlétismo na bisbarra do Baixo Minho; as seguintes persoas:

JOSÉ ANTONIO GONZÁLEZ MORAIS

ELIAS ELADIO LORENZO PORTELA

ANTONIO GONZÁLEZ ÁLVAREZ

FERNANDO VICENTE REY

RICARO RODRÍGUEZ VICENTE

HERMENEGILDO GONZÁLEZ GONZÁLEZ

FELICIANO GONZÁLEZ OTERO

ENRIQUE PÉREZ MOREIRA

PABLO GONZÁLEZ MORAIS
BUENAVENTURA GONZÁLEZ ÁLVAREZ

 

.

 

Logo de que todos os presentes conheceran o proxecto de Estatutos da Sociedade Atlética do Trega, os asistentes antes nomeados, debatiran ampliamente os mesmos estatutos, modificando aqueles aspectos que consideraron necesario, acordando, constituir ao mencionado Club , e como paso seguinte, axilizar súa tramitación quedando facultados pra iso as persoas seguintes: José Antonio González Morais, Antonio González Álvarez, Buenaventura González Álvarez, Elias Eladio Portela Lorenzo e Fernando Vicente Rey.

E non habendo mais asuntos que tratar, levantouse a sesión en a Guarda, sendo as 21 horas do referido día 1/10/1987 do cal dan fé os abaixo asinantes.

 

ACTA DE APROBACIÓN DOS ESTATUTOS DA SOCIEDADE ATLÉTICA DO TREGA

En A Guarda, sendo as 19 horas do día 19 de outubro do ano 1987, reunidos no local sito na R/Manoel Lomba nº 11 (Galería Ribeira) A Guarda, Pontevedra, os membros da Xunta Xestora mais os socios da referida entidade deportiva, pra tratar o tema previsto no Orde do día, o cal conhecian previamente, a traverso da convocatoria correspondente, sendo o punto único:

Aprobación, se coresponde, Estatutos da Sociedade Atlética do Trega.

Abriu o turno de intervencións, José Antonio González Morais, lembrando aos presentes o carácter deportivo deste Club, exento de calquer interés económico lucrativo, sulinhando na súa oratoriaa a necesidade de potenciar o atlétismo na bisbarra do Baixo Minho, a vez que se debe reivindicar diante da administración dos poderes públicos, as instalacións necesarias que posibiliten a practica de tódalas modalidades deportivas vencelladas ao devandito deporte.

Deuse lectura aos Estatutos, previamente debatidos na Asemblea constituinte, e modificados naqueles aspectos que os asistentes estimaron preciso.

Procedeuse a votación dos Estatutos da Sociedade Atlética do Trega, sendo aprobados por unaminidade, sen que ningén presentase obxeción algunha.

Fora da orden do día, por unaminidade, os asistentes acordaron: que os socios fundadores, membros da primeira Xunta Xestora, Directiva, se persoaran ao día seguinte, 20 de outubro do ano 1987, no bufete de D. José Piñeiro Prieto, Notario do Esgrevio Colexio de A Corunha, con enderezo na R/de Concepción Arenal, 10-2º A, C.P. 36780 A Guarda, pra formalizar a escritura de constitución da Sociedade Atlética do Trega.

E non haberdo mais asuntos que tratar, levantouse a sesión as 21 horas do día 19 de outubro do ano 1987, do cal damos fé os abaixo asinantes.