CARREIRAS POPULARES FESTAS DO MONTE TREGA 2017
ANDAR - MARCHAR - CORRER

O atletismo TREGA,  o sábado día 5 de agosto do ano 2017 a partir das 18 horas, dirixe e controla as carreiras populares Festas do Monte, con autorización e patrocinio da Asociación Veciñal Cultural e Deportiva O CANCELÓN.
As inscricións, serán ilimitadas nas categorías menores a partir da categoría promesas o límite será 400 atletas e deberán efectuarse por:.Facebook festas do monte, facebook sociedade atletica do trega. www.trega.es (Email: trega@trega.es).
Teléfonos de información 650 794 421- 664 865 003).
Constará de nome, apelidos, data de nacemento completa , DNI, residencia, Club, nº de ficha atletas federados, nº de teléfono, email. O Trega reservarase o dereito de non inscribir a que non cubra correctamente os datos requiridos e, polo tanto, non poderá participar na proba.
O prazo péchase o día 4 a partir das 19 horas. Non se inscribirá ningún atleta fora de prazo pola imposibilidade de tramitar o seguro de accidentes. Se algún atleta inscrito a última hora non pode participar agradecemos a baixa urxente con aviso por email, ou teléfono, para evitar o gasto do seguro.

CATEGORÍAS

ANO
NACEMENTO

DISTANCIA
APROXIMADA

SAÍDA
APROXIMADA

AGASALLO

 

PULGAS MULLERES

2012/2017

100 m

18:00 h

MEDALLAS

 

PULGAS HOMES

2012/2017

100 m

18:10 h

MEDALLAS

 

PRE-BENXAMINS MULLERES

2010/2011

400 m

18:20 h

MEDALLAS

 

PRE-BENXAMINS HOMES

2010/2011

400 m

18:40 h

MEDALLAS

 

BENXAMÍNS MULLERES   e HOMES

2008/2009

600 m

18:50 h

TROFEOS

 

ALEVINS  MULLERES  e  HOMES

2006/2007

1.000 m

19:00 h

TROFEOS

 

INFANTILES  MULLERES e HOMES

2004/2005

2.000 m – 2 V

19:15 h

TROFEOS

CADETES MULLERES e HOMES

2002/2003

2.000 m – 2 V

TROFEOS

 

PROMESAS MULLERES  e HOMES

95/96/97/98/99/2000/2001

7.339 m

19:30 h

TROFEOS

SENIOR MULLERES  e HOMES

1994 ata veterano

TROFEOS

VETERANOS HOMES – 35/44

35 a 44 anos

TROFEOS

VETERANOS HOMES – 45/54

45  a 54 anos

TROFEOS

VETERANOS HOMES – 55

55 anos   e mais

TROFEOS

VETERANAS MULLERES – 35/44

35 anos a 44 anos

TROFEOS

VETERANAS MULLERES - 45/54 45 anos a 54 anos TROFEOS

VETERANAS MULLERES - 55

55 anos e mais

TROFEOS

  1. A secretaría estará na alameda de A Guarda. Os atletas participantes estarán colocados 5´antes da saída da súa proba.
  2. De pulgas ata cadetes a inscrición será gratuíta. Na carreira absoluta terase que pagar unha inscrición de 5 €.
  3. O pago será no mesmo día que se retira o dorsal, facendo o pagamento con cartos xustos.
  4. Tódolos dorsais serán entregados polo atletismo Trega.
  5. Os dorsais terán que ser devoltos cando rematen a carreira.
  6. Os premios serán: medallas para os tres primeiros clasificados en Pulgas e Pre Benxamíns  e trofeos para os tres primeiros clasificados do resto de categorías. Un atleta só ten dereito a un premio ou trofeo. Serán entregados pola Comisión de Festas.
  7. Tódolos atletas federados participantes deberán ter dilixenciadas a súa licenza federativa para a tempada 2016/2017.
  8. Os participantes traerán imperdibles para suxeitar o dorsal, a organización non facilitará imperdibles.
  9. Os gastos de desprazamento correrán a cargo de cada Club, e participantes.
  10. En tódalas carreiras da xornada haberá unha clasificación, por categoría ou proba.
  11. Os resultados enviaranse por correo electrónico a quen os solicite. Estarán colgados na  web www.trega.es
  12. Dado o carácter popular non se admiten reclamacións, esperando dos participantes o mellor espírito deportivo.
  13. Admitiranse propostas e criticas, agradecendo que sexan por escrito.
  14. Será motivo de descualificación  calquera infracción grave ou comportamento antideportivo que estimen os xuíces da proba.Os participantes estarán obrigados a presentar documentación se a solicita a dirección da proba.
  15. Os circuítos serán: saídas e chegadas na rúa Rosalía de Castro. Correrán pola R/ Rosalía de Castro  e  Avda. de Portugal. A Carreira absoluta será unha volta ao monte Trega, con dirección a Cruzada.
  16. O Trega non se fan responsables dos posibles danos morais,físicos, psicolóxicos que por motivo da competición poidan sufrir os participantes, ou ocasionar a outros, sen prexuízo dos dereitos que puideran corresponder ante o seguro deportivo dos atletas federados. A Organización ten contratado un seguro de accidentes para os participantes da proba
  17. As probas estarán controladas polos voluntarios da AVCD o Cancelón e do atletismo Trega..
  18. O avituallamento estará en Camposancos aproximadamente no km 5.2 km.
  19. AVCD o Cancelón e S.A.Trega agradece por anticipado a súa participación e deséxalles que gocen do atletismo popular.
  20. Colaboran en esta proba: Coca Cola, Corricolari es Correr, Policía Local, Protección Civil,
  21. A participación nas carreiras populares,  e na andaina implica a total aceptación do presente regulamento. Este regulamento pode ser modificado para súa mello

CIRCUITO DOS MAIORES VOLTA MONTE TREGA

CIRCUITOS DE CATEGORÍAS MENORES

GRACIAS POR PARTICIPAR